Cara a neutralidade climática
¿Galicia está a reducir as súas emisións de gases causantes de cambio climático ao ritmo necesario?. A que distancia estamos de atinxir un sistema enerxético 100% renovábel?. Ofrecémosche os datos máis relevantes. E tamén contámoscho en poucas palabras.
Indicadores destacados
Emisións brutas de GEI
-38,2% en 2023 con respecto a 1990
Obxectivo 2030: -50%
Consumo enerxético
4,8 millóns de tep (2023)
Obxectivo 2030: 4,8 millóns de tep
Enerxías renovábeis
47,4% do consumo de enerxía final (2023)
Obxectivo 2030: 58%
Electrificación da economía
22,4% do consumo de enerxía final (2023)
Obxectivo 2030: 35%
Noticias
- O Proxecto de Lei do Clima apenas reforzaría a loita climáticaCoincidindo coa semana final da conferencia climática de Belém do Pará (COP 30), Greenpeace e OGACLI reclaman unha Lei do Clima de Galicia ambiciosa. Cómpre unha folla de ruta clara para o abandono da enerxía fósil.
- Proxecto de Lei do Clima de Galicia: novidades e carenciasO Parlamento vai debater nos próximos meses o Proxecto de Lei do Clima de Galicia presentado pola Xunta. De non se introduciren melloras importantes, servirá de pouco para fortalecer a acción climática. O máis positivo é o adianto da meta da neutralidade climática ao horizonte do ano de 2040.
- As emisións galegas de gases de invernadoiro baixaron o 7,5% en 2023A recuperación da produción hidroeléctrica e a crise na industria metalúrxica (alúmina-aluminio, ferroaleacións) son as causas principais da redución do 7,5% nas emisións totais brutas de gases de invernadoiro en 2023, ano máis recente con datos.
O Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) é un observatorio cidadá crítico e independente para divulgar información sobre a transición enerxética e a acción climática.